Descubre historias que emocionan e motivan. Duas obras, dúas voces, e unha mensaxe de superación que chega a todos os públicos.
Un acto literario único na Casa da Cultura Lois Pereiro, que combina literatura galega, reflexión e encontros con protagonistas reais
Coñece aos autores e persoas que nos amosan como superar medos e dificultades, transformando obstáculos en forza e inspiración.
Video Evento


Memorias da Presentación
Fai varias semanas, concretamente no mes de novembro de 2025, celebrouse na sala de exposicións Lois Pereiro da Casa da Cultura do Concello de Monforte de Lemos unha presentación especial de dúas obras: Turno de vacaciones, de Fernanda Arrojo, unha novela curta que fala, entre outras cousas, dos medos que nos autolimitan; e a tradución ao castelán de A marcha de Anxo, unha obra que aborda a experiencia de quen se ve obrigado a marchar porque non lle queda outra opción.
O evento estivo enfocado ao público xeral, pero con especial atención aos colectivos de Monforte relacionados con persoas con discapacidade. Entre os asistentes destacou a presenza de Teresa Díaz e Daniel Outeiro, parella que leva anos traballando activamente en proxectos de integración e eliminación de barreiras para persoas con mobilidade reducida na cidade do Cabe. O seu compromiso e dedicación constitúen un exemplo vivo de forza, resiliencia e solidariedade, amosando que o traballo colectivo e a vontade persoal poden superar obstáculos físicos e sociais. Pretendíase ofrecer ao público un modelo de superación e resiliencia persoal, convertendo a presentación nunha oportunidade de inspiración e reflexión.
O acto foi organizado por Rocío Peruchela, directora de Peruchela Edicións e rexente da libraría Pelayo de Monforte de Lemos. A pesar de que se enviou información a todos os colectivos da cidade, a asistencia ao evento foi dunha ducia de persoas, sen que ningún outro colectivo se achegase; non obstante, a presentación realizouse con normalidade e entusiasmo.
Posteriormente, no mes de xaneiro de 2026, os autores levaron as mesmas obras a Bóveda, no centro residencia DOMUSVI, destinado a persoas con discapacidade física e/ou intelectual, onde profesionais do centro acompañaron aos participantes nunha actividade adaptada e enriquecedora.




