Universo Anxo Muíños

Universo Anxo Muíños

Amablemente cedeunos o seu espazo  o Ateneo Casino de Monforte o venres 20 de novembro ás seis e media  da tarde. 

Alí xuntámonos en torno ao escritor Anxo Muíños.

Da man de Rocío Peruchela, a responsable da editorial, Anxo falou da súa obra, da súa experiencia vital.  Os interlocutores sentíronse abraiados pola experiencia do autor en temas mariñeiros, xa que Anxo naceu en terras de Rianxo, de onde era tamén Castelao e xa dende moi pequeno tiña contactos co mar.

Para Peruchela Edicións é unha satisfacción que Anxo publicara con nós varias das súas últimas obras.

Os asistentes degustaron petiscos da Ribeira Sacra, dos das aldeas, marmelo, requeixo, chourizo e tamén empanada de Monforte acompañado por auga natural e  viño da casa.

Ao remataren subimos a planta do cimo do edificio, a sala de cine que alí teñen,  para ollar unha das películas da mostra de cinema portugués da Ribeira Sacra que se proxecta nestes días en varios concellos do entorno.